Cáritas Parroquial de Riveira
Axúdanos a estar onde máis nos necesitan.
Fundamentamos a nosa acción na acollida e acompañamento ás persoas vulnerables e excluídas. Promovemos o empoderamento das persoas para que defendan os seus dereitos humanos nos tres ámbitos do desenvolvemento integral: necesidades básicas, sentido da vida e participación social.
Manos Unidas
Mans Unidas, a ONG de desenvolvemento da Igrexa católica e de voluntarios.
Traballamos para apoiar aos pobos do Sur no seu desenvolvemento e na sensibilización da poboación española.
O noso Arcebispo no Ano Santo
Julián Barrio Barrio
“A nosa Catedral abre as súas portas de par en par para que a Casa do “Señor” Santiago sexa a vosa e para que, grazas a vós, siga facéndose máis católica, máis universal e máis acolledora. O Amigo do Señor, cos brazos abertos e co sorriso no seu rostro, está a esperarvos.
Quero deixar inconclusa esta carta pastoral ao anunciarvos este ano Santo, para que sexades vós, peregrinos de todo o mundo, os que a vaiades completando coa tinta da fe, e co voso testemuño cristián”.
Frases destacadas…
Papa Francisco
“A fe exprésase e enténdese dentro dunha relación: a relación entre Deus e o home e entre o home e Deus, segundo a lóxica da chamada e a resposta: Deus chama e o home responde. Tamén é verdade á inversa: nós chamamos a Deus cando nos fai falta e El responde sempre. A fe é o encontro coa Compaixón, con Deus mesmo que é Compaixón —o nome de Deus é Compaixón— e é o abandono nos brazos deste Amor misterioso e xeneroso, que tanto necesitamos, pero ao que, ás veces, temos medo de abandonarnos”.
30
Bautismos 2021
37
Primera Comunión 2021
0
Confirmados 2021
5
Matrimonios 2020